UN CEMITERIO SINGULAR: OS EIDOS, EN REDONDELA.

Na provincia de Pontevedra existen varios cemiterios que, dado o seu interese histórico e artístico, merecen a pena ser visitados. Por nomear algúns contamos co Cemiterio de Pereiró en Vigo, o de Santa Mariña do Dozo en Cambados, o de San Mauro en Pontevedra e o cemiterio de Os Eidos en Redondela, cuxa reportaxe fotográfica pódese visualizar nesta páxina.

Aproveitei as festas para visitar este cemiterio, pequeno e con moito encanto, situado no pleno centro de Redondela, onde repousan os restos de personaxes históricos como por exemplo, os do xeneral Rubín ou os de John O’Dogherty.

De propiedade municipal na actualidade, as súas orixes remóntanse á década dos anos 30, do século XIX. Nel pódense ver diferentes panteóns, mausoleos e grupos escultóricos, a maioría de estilo ecléctico, pero dun gran valor artístico e patrimonial, e, tamén, a fosa común onde foron soterrados 42 republicanos represaliados durante a Guerra Civil.

Na actualidade está pendente de realizar unhas reformas que lle permitan ingresar na rede da Association of Significant Cementeries in Europe (ASCE), cuxa incorporación foi solicitada polo Concello no ano 2017.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s