RIBADAVIA, OURENSE

Hai tempo xa, dende os inicios da década dos oitenta, cando Ribadavia comezaba a celebrar a Mostra Internacional de Teatro, que non me acercaba por esta vila.

Dende eses días buliciosos de festas teatrais nas que as estreitas rúas do barrio xudeu estaban atestadas de xente, ata hoxe, na que regresei a visitala nun tempo no que o inverno vai esmorecendo, quedei sorprendida pola sensación de baleiro e soidade que me transmitiu, algo que, por outra parte tamén agradecín. Era mediodía, nun día de semana do mes de marzo, estaba chovendo, as rúas baleiras e as pedras reflectindo o fulgor da choiva.

Andei percorrendo o seu fermoso casco antigo declarado Conxunto Histórico Artístico, comezando polo castelo dos Sarmiento, condes de Ribadavia, do que só se conservan os muros e pouco máis; cheguei á praza da Magdalena onde está o edificio que acolleu a sinagoga; a igrexa de Santiago de estilo románico, a igrexa de Santa María Magdalena, a igrexa de San Juan construída a finais do século XII por orden dos Cabaleiros da Orden Militar e Hospitalaria de San Juan de Jerusalén; e moitas máis construcións que se poden ver na reportaxe fotográfica que acompaño. Todo un pracer poder gozar con calma e sen aglomeracións desta fermosa vila.

As fotografías desta páxina foron feitas cunha máquina reflex Nikon D7100 – Nikon DX AF-S NIKKOR 18-105mm 1:3,5-5,6 G ED.

Publicado o 20/03/2020

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s