ROTEIROS: SENDA DA MARXE DEREITA DO RÍO TEA, MONDARIZ-BALNEARIO (PONTEVEDRA)

Hai sendas preciosas na zona do Val do Tea, unha delas é a que fixemos neste mes de setembro, coñecida polo nome de “Senda da marxe dereita do río Tea”. A nosa idea era comezar a facela pola mañá, tranquilamente, parando en todos os preciosos recunchos que o río Tea nos ofrece, comer na vila (no noso caso foi nun precioso restaurante chamado “Regato de Valdecide”), e volver facendo o mesmo percorrido.

Para comezar desde o fin da senda collemos a estrada PO-254 que vai a Mondariz-Balneario, e antes de chegar á vila, desviámonos á esquerda no cruce que vai a Pazos de Borbén, e seguimos pola PO-253, ata chegar ao comezo da senda, a uns 500 m do cruzamento, situado á dereita da estrada, onde hai espazo máis que suficiente para aparcar o coche.

Esta senda, como indica o punto de información, pasa polos lugares de Ponte do Cruxón, Pasos de Troncoso, Vilar, A Bouza, San Mamede de Vilar, Borraxeiros, Veiga das Pías, Fozara, Trancoselo e Ponte de O Caneiro. Indo a modo e parando para gozar do lugar e tirar unhas fotos leva unhas dúas horas.

O percorrido vai bordeando o río Tea pola súa marxe dereita, cuns catro km de lonxitude, aproximadamente, está ben sinalizado e a súa dificultade é baixa.

O paseo faise entre bosques, ao comezar atopámonos con árbores típicos de ribeira, predominando os ameneiros, salgueiros, freixos e bidueiros; pero a medida que imos avanzando van aparecendo as especies autóctonas como o carballo, que aparece mesturado con bidueiros e castiñeiros.

Ten numerosos pasos ou poldras que utilizaba a xente para cruzar o río, os que están preto da zona de Troncoso, os coñecidos como pasos de Nota e Portavilar, servían tamén para que Feliciano Pardo ou a súa filla, Luisa Pardo, fotografaran ás persoas que ían tomar as augas á Fonte de Troncoso, lugar onde estaba situado un dos seus estudios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s