ROTEIROS: SENDA POLDROS DE TATÍN – PONTE DE CERNADELA, MONDARIZ (PONTEVEDRA)

Esta senda ten un percorrido de cerca de dous km e a súa dificultade é baixa. Vai bordeando o río Tea pola súa marxe dereita desde os poldros de Tatín ata a ponte medieval de Cernadela.

Para chegar aos poldros de Tatín, imos desde Mondariz pola estrada PO-261, ata chegar ao “Aparcamento de Tatín”, situado uns metros antes do comezo da senda.

Baixamos e cruzamos o río Tea polos poldros de Tatín para acadar a orela dereita do río. Baixamos pola senda bordeando o río entre bosques de ribeira e autóctonos, ata chegar a ponte de Cernadela.

Cernadela é unha das catro pontes de orixe romana (Fillaboa en Salvaterra do Miño, As Partidas e os Remedios en Ponteareas) que atravesa o río Tea. A ponte actual data do século XV, reformada nos séculos XVII e XVIII. Ten unha lonxitude de 75 m soportada por cinco arcos, todos apuntados, agás un, que é de medio punto. Forma parte da ruta medieval que unía a comarca do Ribeiro co porto de Redondela. Para salvar o río tiñan que pagar unha portaxe. A ponte comunica os barrios de Ceo (parroquia de Mondariz) con Cernadela (parroquia de Riofrío). Aos dous lados da ponte aínda existen dúas antigas edificacións que servían de pousada aos arrieiros que cruzaban cos seus carros.

A ponte foi retratada polo fotógrafo Francisco Zagala a finais do século XIX:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s