carballedo_cotobade-12
Publicado por vagardixital
O meu nome é Fernanda Padín Ogando, radicada na provincia de Pontevedra, a cabalo entre a capital e a localidade de O Grove. Son unha afeccionada á fotografía dende hai moito tempo. A miña aprendizaxe pódese dicir que é autodidacta, aínda que asistín a diferentes cursos sobre fotografía, edición e vídeo, sobre todo nos últimos anos, coincidindo co comezo da era dixital. Inicieime no ano 1965 cunha Kódak Instamatic, anos máis tarde paseime a unha Yashica FX-2, réflex, logo merquei a típica compacta Panassonic DMC-LC70 cando chegou o dixital e, nestes últimos anos as miñas compañeiras foron a Nikon 5100 e a 7100 na actualidade. Nos últimos tempos e, dada a escasa ou nula información existente sobre as fotógrafas pioneiras, comparto o tempo investigando sobre estas profesionais da fotografía, ocultas polo mero feito de ser mulleres. Ao resultado desas pescudas doulle publicidade en forma de biografía na páxina web chamada Fotógrafas Pioneiras. Maio 2017 Ver todos os artigos de vagardixital